Tuesday 17 de September de 2024

Os Centros de FP galegos contarán con 100 aulas de emprendemento neste 2024


Con este programa, a Xunta de Galicia busca canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado mediante un sistema de orientación, guía e tutela de ideas

Esta iniciativa entronca directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia

 

Os centros de FP galegos van contar este ano cun total de 100 aulas de emprendemento, 15 máis que no 2023. Con este programa, a Xunta de Galicia busca canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado para así mellorar as perspectivas laborais dos mesmos, fomentando o emprendemento e facilitándolles entrar en contacto con elementos e ferramentas do mundo laboral.

Cun investimento de 500.000 euros este ano e un total de 1.380.000 euros desde o 2021, a iniciativa entronca cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia, as follas de ruta do Goberno galego para continuar consolidando estas ensinanzas ao longo da década.

Cada aula de emprendemento recibe unha achega da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de 5.000€. Os centros que formarán a Rede de aulas de emprendemento este ano son as reflectidas na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro educativo
Coruña, A Arteixo IES de Sabón
Coruña, A Arzúa IES de Arzúa
Coruña, A Betanzos IES As Mariñas
Coruña, A Boiro IES Espiñeira
Coruña, A Carballo IES Monte Neme
Coruña, A Cedeira IES Punta Candieira
Coruña, A Cee IES Agra de Raíces
Coruña, A Cee IES Fernando Blanco
Coruña, A Coruña, A IES A Sardiñeira
Coruña, A Coruña, A CIFP Ánxel Casal – Monte Alto
Coruña, A Coruña, A CIFP Imaxe e Son
Coruña, A Coruña, A CIFP Paseo das Pontes
Coruña, A Coruña, A CIFP Someso
Coruña, A Coruña, A IES Fernando Wirtz Suárez
Coruña, A Coruña, A IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Coruña, A Coruña, A IES Ramón Menéndez Pidal
Coruña, A Culleredo CIFP Universidade Laboral
Coruña, A Curtis IES de Curtis
Coruña, A Fene IES de Fene
Coruña, A Ferrol CIFP Ferrolterra
Coruña, A Ferrol CIFP Leixa
Coruña, A Ferrol CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Coruña, A Malpica de Bergantiños IES Urbano Lugrís
Coruña, A Melide IES de Melide
Coruña, A Narón IES Terra de Trasancos
Coruña, A Ordes IES de Ordes
Coruña, A Padrón IES Macías o Namorado
Coruña, A Pobra do Caramiñal, A IES da Pobra do Caramiñal
Coruña, A Ponteceso IES Eduardo Pondal
Coruña, A Pontedeume CIFP Fraga do Eume
Coruña, A Pontes de García Rodríguez, A IES Plurilingüe Castro da Uz
Coruña, A Rianxo IES Félix Muriel
Coruña, A Ribeira IES Leliadoura
Coruña, A Ribeira CIFP Coroso
Coruña, A Santa Comba IES Terra de Xallas
Coruña, A Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez I
Coruña, A Santiago de Compostela IES As Fontiñas
Coruña, A Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Coruña, A Santiago de Compostela CIFP Compostela
Coruña, A Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago
Coruña, A Zas IES Maximino Romero de Lema
Lugo Burela IES Monte Castelo
Lugo Burela IES Perdouro
Lugo Cervo IES Marqués de Sargadelos
Lugo Foz IES de Foz
Lugo Lugo CIFP As Mercedes
Lugo Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Lugo Lugo IES Muralla Romana
Lugo Lugo IES Sanxillao
Lugo Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo
Lugo Monforte IES A Pinguela
Lugo Ribadeo CIFP Porta da Auga
Lugo Sarria IES Gregorio Fernández
Lugo Vilalba IES Lois Peña Novo
Ourense Ourense IES 12 de Outubro
Ourense Barco de Valdeorras, O IES Lauro Olmo
Ourense Carballiño, O IES Manuel Chamoso Lamas
Ourense Ourense CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel
Ourense Ourense CIFP A Farixa
Ourense Ourense CIFP Portovello
Ourense Ourense IES Universidade Laboral
Ourense Ribadavia IES O Ribeiro
Ourense Verín IES García-Barbón
Ourense Vilamarín CIFP de Vilamarín
Ourense Xinzo de Limia IES Cidade de Antioquía
Pontevedra Guarda, A IES A Sangriña
Pontevedra Cangas IES de Rodeira
Pontevedra Cañiza, A IES da Cañiza
Pontevedra Gondomar IES Plurilingüe Terra de Turonio
Pontevedra Grove, O IES Monte da Vila
Pontevedra Lalín IES Ramón Mª Aller Ulloa
Pontevedra Lalín IES Laxeiro
Pontevedra Marín IES Chan do Monte
Pontevedra Neves, As IES Pazo da Mercé
Pontevedra Ponteareas IES Pedra da Auga
Pontevedra Ponteareas CIFP A Granxa
Pontevedra Pontevedra IES Frei Martín Sarmiento
Pontevedra Pontevedra IES Sánchez Cantón
Pontevedra Pontevedra CIFP A Xunqueira
Pontevedra Pontevedra CIFP Carlos Oroza
Pontevedra Pontevedra CIFP Montecelo
Pontevedra Pontevedra IES Luís Seoane
Pontevedra Porriño, O IES Ribeira do Louro
Pontevedra Redondela IES de Chapela
Pontevedra Redondela IES Pedro Floriani
Pontevedra Sanxenxo IES de Vilalonga
Pontevedra Silleda IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra Tomiño IES Antón Alonso Ríos
Pontevedra Tui IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra Valga IES Plurilingüe de Valga
Pontevedra Vigo IES de Teis
Pontevedra Vigo IES Politécnico de Vigo
Pontevedra Vigo CIFP Audiovisual de Vigo
Pontevedra Vigo CIFP Manuel Antonio
Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade
Pontevedra Vigo IES Ricardo Mella
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CIFP Fontecarmoa
Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES Armando Cotarelo Valledor

A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.

 

Ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.

Desenvólvense actividades formativas focalizadas no desenvolvemento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor: habilidades persoais, sociais, de relación, de comunicación, de definición de produto, de desenvolvemento de prototipos ou de propostas.